10 ago 2010

E de repente foi Agosto. E lembrámonos de que tiñamos un blog ben lindo que actualizar de cando en vez, cuns siareiros e siareiras ansiosas por saber que é o que está a acontecer en Jinotega...

Resulta, pues, que ao final os PCRs conseguimos alongar un tempiño mais a nosa estadía na cidade das brumas, así que fixemos unha serie de cambios no cronograma para estar un pouco máis relaxados, pero ai!, comézase a notar que andamos carghadiñ@s de cousiñas por facer e acumúlasenos o choio, será que xa levamos o ritmo de vida nica? (si, oh! ese que di: si puede dejar para mañana lo que puede hacer hoy, déjelo pues!).

Facendo un breve resumo do feito ata hoxe...

O 16 de xullo foi a última das capacitacións de xénero en Sasle. Un final pasado por auga, no que perdimos o últimos bus, tivemos que pedir rail (autostop), e rematamos viaxando nun camión...
Como era de esperar, a ponte de San Gabriel estaba así...

Plan B: dar volta e ir por Asturias, que disque aquí tamén é patria querida, facendo un rodeo semellante a ir de Coruña a Santiago pasando antes por Ourense... O que non contábamos era atopar a estrada cortada pola caída dun poste de electricidade:

Afortunadamente, non tivemos que levar a cabo o plan C (buscar onde pasar a noite), o poste foi levantado e chegamos a Jinotega unhas cinco horas despois de sair de Sasle.

O 19 de xullo viaxamos en procesión ata Managua para ver que era iso do aniversario da revolución sandinista que cada ano organiza o Frente Sandinista de Liberación Nacional, goberno que na actualidade goberna en Nicaragua.



E ese mesmo luns aproveitamos para entrevistar á coordinadora de programas de FIDER Managua, Byran (ainda continuamos co resumen da entrevista para publicar no blog, podemos colgala completa, pero é que son como unhas catorce follas de transcrición...)


O venres 23 do mes pasado marchamos a Sasle a convivir con diferentes familias beneficiarias do proxecto durante dez días, sen dúbida a mellor experiencia que tivemos ata agora (en breves colgaremos as nosas respectivas vivencias con cada familia). A semana seguinte (ou a pasada) foi a semana fantástica das tortillas de papas en Jinotega. Onte cociñamos as últimas das sete que fixemos ao longo destes días, fixemos tortas de todos os colores e todos os sabores: con máis aceite, con menos aceite, con cebola e sen cebola, sen leite, con leite ou con crema de leita, con banano maduro, doradas, crudiñas, grandes, chicas, salgadas, non tan salgadas...

Bon, non todo é encher o bandullo, tamén recibimos a linda noticia de que podíamos prolongar a estancia ata o 21 de Setembro , reestructuramos un pouquiño o cronograma, participamos na xira de intercambio ás comunidades de La Naranja e Mancotal e puxémonos a preparar os obradoiros de hixiene e educación ambiental para as escolas de Sasle e Los Horcones. Algún PCR aínda anda perdido no mojón de Sasle, e en FIDER preguntámonos: que terá o mojón...?

Moitas cousas, pois, foron pasando estas últimas semanas, moitas vivencias, emocións e sentimentos que non collen nunha entrada, nin en dúas, nin en cen... Durante estes días imos tentar que vaian chegando, cando menos, uns anaquiños de Nicaragua a outros recunchos do planeta...

Proximamente, máis novas dende Jinotega!

2 comentarios:

Guillermo Gefaell Valcarce dijo...

En tan de repente! Ainda me pregunto onde quedo Xullo, pero ao mirar cara atrás esta cheio de experiencias e momentos :)

Anónimo dijo...

Gústanno as vosas novas. Non deixedes de escribir.
Bicos.
Palavea