ESF Galicia en Nicaragua - Programa

·     Programa Boas Pácticas Agro/Silvopastorais con enfoque de conca hidrográfica:

Programa
Boas Pácticas Agro/Silvopastorais con enfoque de conca hidrográfica
País
Nicaragua
Data Inicio 
01/08/2008
Data Fin
30/06/2010
ONGD
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia)
Copartes
Fundación para la Investigación y el Desarrollo Rural
Orzamento
290.000 €

ESF Galicia empezou a traballar no departamento de Jinotega en 2007 a través dun proxecto de “Apoio a produtores para a realización de boas prácticas agrosilvopastorais e redución de áreas degradadas en 4 comunidades da parte alta da subcunca do Río Viejo (Jinotega, Nicaragua)”, coa Asociación de Educación e Comunicación La Cuculmeca. No marco do plan de ordenación territorial da subcunca do Río Viejo, no que ESF Galicia participara dando apoio técnico a Ingeniería Sin Fronteras – Asociación para el Desarrollo (ISF - ApD), o proxecto plantexaba a implementación de boas prácticas agrosilvopastorais, e rematou en decembro do 2008.

Derivado da estancia de voluntarios de ESF Galicia no terreo durante 2007, fixéronse contactos coa Fundación para a Investigación e Desenvolvemento Rural (en adiante FIDER), sobre a posibilidade de empezar a traballar nun proxecto de accións similares na vecina microcunca do Río Sasle. Estas actuacións básanse tamén nos resultados do plan de Manexo e Ordenamento Territorial da microcunca do Río Sasle no que participou Catholic Relief Service Nicaragua e a Universidade Nacional Agraria a través da Facultade de Recursos Naturais e do Ambiente. Ese traballo comenzou en agosto do 2008.

As actuacións a executar neste proxecto englóbanse nas cinco liñas seguintes:
  1. Fortalecer as capacidades de FIDER, do Comité de Cunca do Río Sasle e dos comités de desenvolvemento comunal de Sasle e Los Horcones: mercarase unha moto nova e capacitaranse o persoal técnico de FIDER nas temáticas de ofimática, formulación de proxectos e rego e drenaxe ao mesmo tempo que se prantexa a convocatoria de reunións para reactivar as institucións con capacidade de incidencia a nivel ambiental na zona de actuación.
  2. Reducir a sobreexplotación do solo: con esta finalidade implementarase a primeira anualidade do plan de manexo de fincas, interpretaranse as análisis de solos e realizaranse capacitacións e xiras de intercambio sobre boas prácticas agrosilvopastorais que axuden á conservación dos solos, da auga e dos recursos agroforestais Tamén se continuará co seguimento do manexo das árbores froiteiras.
  3. Diminuír o impacto provocado pola extracción de leña dos habitantes da microcunca: a este respecto continuarase co seguimento do manexo das cociñas melloradas construídas e das árbores enerxéticas prantadas na Fase I do proxecto.
  4. Aumentar a conciencia e a formación da poboación de Sasle e Los Horcones no uso sostible dos recursos e en lexislación ambiental: contempla a divulgación de cuñas radiais, a colocación de rótulos nas comunidades e a elaboración de afiches e calendarios, así como capacitacións nas temáticas de conservación do solo e da auga e de lexislación ambiental.
  5. Sensibilizar as familias beneficiarias e o persoal de FIDER sobre a existencia da fenda de xénero e a necesidade da súa reducción progresiva: inclúe a capacitación do persoal de FIDER, a sensibilización da poboación beneficiaria e a transversalización da temática de equidade de xénero no desenvolvemento do proxecto. 
Ademais, durante todo o proxecto, o persoal técnico de FIDER realizará as tarefas de seguimento e asesoramento da poboación beneficiaria en relación coa implementación dos plans de manexo de fincas (viveiros e manexo do café; plantación ou sementeira e cultivo do pasto de corte, malanga, Vetiver, canabalia, etc.; manexo de porcas reproductores e verracos; manexo e almacenamento das colleitas nos silos). 

Mentres, a zona do Río Viejo na que ESF Galicia está actuando co proxecto de boas prácticas agrosilvopastorais xa quedara enmarcada na zona prioritaria de traballo dun programa de actuación (programa AECID - TERRENA) sobre: “Reducción de la vulnerabilidad en áreas empobrecidas, a través del acceso al agua potable, el saneamiento y la gestión sostenible de los recursos hídricos y del territorio con enfoque de cuenca hidrográfica. El Salvador, Honduras y Nicaragua”, no que traballan Ingeniería Sin Fronteras – Asociación para el Desarrollo (ISF - ApD) en Nicaragua, Ingenieria Sin Fronteras Catalunya en El Salvador, e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) en Honduras, en convenio coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Este programa inclúe a execución de boas prácticas agrosilvopastorais na zona alta da cunca do Río Viejo, pero non recolle este tipo de medidas para a microcunca do Río Sasle (aínda que para esta zona si recolle outras medias como fortalecemento instucional). Por ese motivo decidiuse empezar a traballar na zona con FIDER. O existir xa un plan de ordenamento territorial na zona facilitou a toma de decisión.