15 jul 2010

Cronograma e pecerreadas varias



E por fin, o cronograma de actividades PCR! Tras varias modificacións, debido a que tivemos que cambiar a semana prevista da estancia nas comunidades, esta semana pechamos o definitivo (click na imaxen para ampliar!):



A semana do 23 ao 30 de Xullo teremos a estancia na comunidade de Sasle con dúas das familias beneficiairas, Roberto coa de Doña Bersabé e Maruxa coa de Don Bernardo.


Ademais, este luns mantivemos a primeira reunión vía Skype co grupo Agro de ESF (ainda que con algún poblemilla técnico) e deixamos marcada unha próxima reunión para o martes 28 de xullo. Compas de Agro, dúas cousas: primeiro, mercade un micro! e segunda, de seguido a evidencia de que os PCRs tamén sabemos vertebrar como ESF manda!

Ademáis de capacitacións, informes e cronogramas tamén tivemos tempo de bailar na disco máis sonada de Jinotega, xunto con Scarleth e Yesenia, ou cantar nun karaoke cancións que alá os nosos oídos nen serían capaces de soportar...



E como non todo é festa, tamén fixemos turismo

a fin de semana pasada subimos ao Cerro La Cruz con Don Carlos (escalada obrigada para todo PCR que pase por Jinotega)


que nos recompensou cunha sopa(za) nica de Doña Olivia

E esta fin de semana viaxamos a León, "ciudad de Locos y Poetas"

onde case morremos asfixiados camiño ás praias de Poneloya e Las Peñitas (nunca saberás o que pode dar de si un bus nica...)


pero logramos darnos un baño no Pacífico e escapar da euforia futbolística do mundial...

Por suposto, lembrámonos da xentiña de ESF!







5 comentarios:

Anónimo dijo...

ahí ahí, que no todo va a ser currar... aunque lo del karaoke ya me parece un poco excesivo...jaja
a disfrutar!

Sergio dijo...

buen lugar para escapar de la histeria del mundial, sí señor!!!!

Nicaragua Demente dijo...

Este blog ha sido creado para todas las personas que deseen publicar cualquier cosa que se les ocurra, pueden hacerlo a la siguiente direccion: nicaraguademente.publicacion@blogger.com el correo no puede pesar mas de 10 Megas. Al enviar el correo electronico el contenido sera publicado de manera inmediata. Suerte.

Guillermo dijo...

Seguro que lo estais pasando en grande :D Yo aun no conozco la "noche" ocotaliana, pero quizás lo arreglo este fin de semana :P

Jo, creo que de esta me quedaré sin ver el pacifico y probar sus aguas :(

Besos y abrazos a tod@s :D

maría dijo...

que bonito todo, rapaces!
sorte!