Resulta, pues, que ao final os PCRs conseguimos alongar un tempiño mais a nosa estadía na cidade das brumas, así que fixemos unha serie de cambios no cronograma para estar un pouco máis relaxados, pero ai!, comézase a notar que andamos carghadiñ@s de cousiñas por facer e acumúlasenos o choio, será que xa levamos o ritmo de vida nica? (si, oh! ese que di: si puede dejar para mañana lo que puede hacer hoy, déjelo pues!).
Facendo un breve resumo do feito ata hoxe...
O 16 de xullo foi a última das capacitacións de xénero en Sasle. Un final pasado por auga, no que perdimos o últimos bus, tivemos que pedir rail (autostop), e rematamos viaxando nun camión...
Como era de esperar, a ponte de San Gabriel estaba así...
O 19 de xullo viaxamos en procesión ata Managua para ver que era iso do aniversario da revolución sandinista que cada ano organiza o Frente Sandinista de Liberación Nacional, goberno que na actualidade goberna en Nicaragua.
O venres 23 do mes pasado marchamos a Sasle a convivir con diferentes familias beneficiarias do proxecto durante dez días, sen dúbida a mellor experiencia que tivemos ata agora (en breves colgaremos as nosas respectivas vivencias con cada familia). A semana seguinte (ou a pasada) foi a semana fantástica das tortillas de papas en Jinotega. Onte cociñamos as últimas das sete que fixemos ao longo destes días, fixemos tortas de todos os colores e todos os sabores: con máis aceite, con menos aceite, con cebola e sen cebola, sen leite, con leite ou con crema de leita, con banano maduro, doradas, crudiñas, grandes, chicas, salgadas, non tan salgadas...
Moitas cousas, pois, foron pasando estas últimas semanas, moitas vivencias, emocións e sentimentos que non collen nunha entrada, nin en dúas, nin en cen... Durante estes días imos tentar que vaian chegando, cando menos, uns anaquiños de Nicaragua a outros recunchos do planeta...
Proximamente, máis novas dende Jinotega!
2 comentarios:
En tan de repente! Ainda me pregunto onde quedo Xullo, pero ao mirar cara atrás esta cheio de experiencias e momentos :)
Gústanno as vosas novas. Non deixedes de escribir.
Bicos.
Palavea
Publicar un comentario