Mostrando entradas con la etiqueta Capacitaciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Capacitaciones. Mostrar todas las entradas

18 abr 2011

Como construir un silo

Aquí queda un vídeo onde Don Jorge nos conta como se fan os silos para almacenamento de cereais que se colocaron na FASE 2.



20 feb 2011

Pechando a porta dun proxecto, abrindo a xanela dos recordos

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, e FIDER Nicaragua, compartiron un soño de desenvolvemento rural sostible con oitenta familias da ribeira do río Sasle. Desde o 31 de decembro de 2010, este soño segue vivo sen nós.
Mais debeu ficar aló algo, esquecido, algo noso; unha desas cousas que non collen na maleta. Un anaquiño esfeiro que pesa máis que todos os informes finais que nos absorben estes días e demais papeis que ulen a despedida. Algo tan propio que nos fai tirar de lembranzas e resistir o paso do tempo e das fases.
Por iso se mantén acendida a luz neste blog, aínda que sexa alimentándose de recordos desesperados... e proximamente, alimentándose do froito que dea a semente que pousou o proxecto nas persoas do Programa de Coñecemento da Realidade, en forma de traballo de sensibilización no Norte.

Xa menos poeticamente, hoxe toca falar dun par de actividades que nos quedaran no tinteiro: os obradoiros informáticos nas oficinas de FIDER e os galiñeiros da Fase III nas comunidades.


Xornada de capacitacións en informática

Aló por setembro, na recta final do pasado inverno centroamericano, conseguiuse reunir a todo o persoal de oficina de FIDER en Jinotega e as dúas persoas de ESF Galicia no mesmo sitio e á mesma hora, non sen traballo.


A PCR Maruxa tiña preparada unha presentación sobre presentacións, con perdón da redundancia, do tipo Power Point, para o resto do equipo.


Silvio e Carlos non perdían ocasión para tomar anotacións mentres Yesenia, Reynaldo, Scarleth e Roberto procuraban non perder o fío. Aprendimos unha chea de consellos, e xa puxemos moitos en práctica, tanto nas capacitacións dos técnicos de FIDER como nas presentacións do grupo Agro de ESF.

Despois foi o turno do PCR Roberto e mais do persoal de oficina de FIDER, que comezaron unha formación participativa en creación e mantemento de blogues, de onde saiu o blog FIDER Jinotega. Aínda hoxe estamos en contacto para implementalo con novos proxectos no futuro.


...e noutra relaxada tarde jinotegana, Roberto aprendeu o pouco que sabe de Sistemas de Información Xeográfica (GIS) ao colarse nunhas improvisadas clases de Arc View do amigo Yader:

Yader, no centro, entre os atentos don Carlos e don Silvio


Reparto de material, deseño e execución do galiñeiro piloto

A elaboración de galiñeiros, coas súas posteriores capacitacións en cría de aves, foi a última actividade da Fase III na que chegaron participar as PCRs in situ.
Unha vez que don Reynaldo se tiña encargado da compra do material, chegara o momento de repartilo polas 80 casas beneficiarias, algo que prometía ser unha tarefa prolongada en varios días.

O repartidor transportaba o material dos galiñeiros,


e mais un par de bultos de ESF,


mentres os técnicos de FIDER se desprazaban en moto.


Entre as presas e a calor abafante, non sobraban mans á hora de descargar madeira e aramio.

A beneficiaria dona Medarda co seu chigüín e o beneficiario don Alfonso sorrinte

Todo ía segundo o previsto até que o terreo, asulagado polas chuvias torrenciais de días anteriores, nos xogou unha mala pasada na finca de Mario José...


A tracción do vehículo non daba máis de si, e menos aínda a tracción humana que aportabamos empurrando desde a parte traseira, así que aínda bo foi que un par de bois ben dirixidos aportou a tracción animal que nos sacou da lameira desinteresadamente:


Esa xornada por Sasle rematou en El Mojón, onde ficariamos coa nosa familia adoptiva, despois de repartir as últimas unidades:


Ao día seguinte, tendo en conta que se ían executar un total de 80 galiñeiros, e coa intención de aproveitar o material da forma máis eficiente, don Silvio, don Carlos e Roberto desprazáronse á finca de don Félix Pedro, beneficiario do proxecto ademais de construtor contratado para este cometido:


Unha vez contabilizado o material dispoñible, e calculadas as dimensións do deseño escollido, Félix Pedro esmerouse en erguer o seu galiñeiro, que serviría de modelo para realizar todos os demais:


O día esmorecía, a obra collía forma, e a primeira galiña curiosa viña supervisar o seu futuro dormitorio:




Hoxe, 80 familias de Los Horcones e de Sasle conseguiron aumentar así a diversificación da súa finca á hora de producir e consumir, dun xeito autosuficiente e sostible. Veremos os resultados en futuros informes.

30 nov 2010

Capacitación sobre uso racional de auga


'Uso racional del agua'; esta foi a última capacitación na que Maruxa e Roberto puideron acompañar os técnicos de FIDER Jinotega. Nesta ocasión vimos todo o procedemento que seguen don Carlos e don Silvio antes de facer a súa lección maxistral: recopilar información sobre o tema, redactar as guías para entregar ás familias beneficiarias, preparar os papelóns que serán empregados como apoio gráfico durante o obradoiro...


Unha vez todo estivo planificado e ensaiado, collemos moto rumbo a Sasle e Los Horcones. A min tocoume facer de axudante de don Silvio na escola de Sasle, e alí estreamos un novo formulario que fará posible un mellor seguimento dos indicadores de xénero.

Coa habitual boa asistencia de beneficiarias e beneficiarios, e nun agradábel ambiente familiar, comezamos a capacitación. Definición, recursos, usos e ciclo da auga, e detalles como que só resta un 6% de cobertura forestal na cunca de Apanás, serviron como introdución para entrar en materia. Falouse sobre a presión exercida sobre a cantidade e calidade dos recursos hídricos de Nicaragua, e sobre a cota de consumo de auga por persoa e día. Comentáronse exemplos como o de Chigüite, que consume menos auga ca Sasle malia que ten máis poboación, debido a que empregan medidores. Tamén xurdiron consellos coma o de situar as letrinas a máis de 20 metros das fontes de auga.


Xa no ámbito da saúde, tratáronse o transporte e almacenamento de auga, as enfermidades transmitidas pola mala calidade da auga e os métodos de potabilización (fundamentalmente cloración e desinfección solar).


En termos máis estritamente agrónomos, e partindo de que a agricultura é a actividade humana que consume máis auga (incluso desperdiciando en regadío un 92%), enumeráronse métodos de conservación de auga (cobertura agroforestal, leguminosas, barreiras, mulch), tipos (goteo con bambú) e claves para mellorar o rego.

Na parte final da xornada, intercambiamos impresións sobre canto consumimos de auga e por que. Don Silvio buscou facer sensibilización sobre este tema con exemplos e imaxes. Finalmente recordou a importancia de optar pola instalación dos medidores (na actualidade, as familias de Sasle pagan 15 pesos ao mes, independentemente do que consuman) e aquí comezou un animado debate entre detractores e suscriptores da idea.

8 sept 2010

Obradoiros de Hixiene e Educación Ambiental nas escolas de Sasle e Los Horcones

O 9 e 10 de Agosto en Sasle e a semana pasada en Los Horcones, os PCRs levamos a cabo na escolas das dúas comunidades uns obradoiros sobre hixiene e educación ambiental que xurdiu como proposta da anterior PCR, Lorena, e foi apoiado, pola súa necesidade, por todo o persoal de FIDER. Previamente, xa aproveitamos a nosa estancia nas comunidades para detectar hábitos de hixiene, especialmente nos máis pequenos, e observar costumes, vocabulario, e todos os datos precisos para estructurar e adaptar ben o obradoiro á realidade da comunidade. Introducimos o enfoque da educación ambiental como elemento transversal, dando así continuidade ao obradoiro impartido por Lorena meses atrás e para que o alumnado vinculase ambos obradoiros ao proxecto.

Y entonces... en qué consistiron os obradoiros?

Pois comezamos así, lavándonos ben os dentes para defendernos da "Muela Horrible", que é horrible porque ten caries e pica os dentes dos nenos e nenas, e para que iso non pase estes tiñan que defenderse dela cepillándose ben: de arriba a abaixo, chis, chas, e polas moas tamén, con movementos circulares...

A "muela horrible" atrapara a un par de rapaciños que iso de lavar os incisivos non se lle daba moi ben e tiveron que frotarlle ben a dentadura, repasando asi co resto da aula como temos que facer para protexernos de enfermedades tan feas como a caries e ter unha boca ben sana para roer elotes de millo, tomar unha sopa de res quentiña e beber frescos ben frios sen que os nosos dentes digan "Ai!". Por suposto, un bo cepillado de dentes remata limpando tamén a lingua!

E despois, fixemos un pouco de teatriño, e os rapaces e rapazas de 1º e 2º grao ensináronnos aos PCRs como lavarse ben o corpo...

aprendimos a lavar ben as mans e sobre todo repasamos en que momentos temos que lavalas! Despois de usar a letrina, antes de comer, despois de tocar animais, antes de cociñar... E fixemos un repasiño tamén de cando e como lavar ben o corpo, comezando pola a cabeza e sen esquecer as orellas!

O que pasa é que o alumnado de 3º a 6º grado de Sasle xa estaba un pouco maiorciño para estes contos do teatro, así que a parte de hixiene e aseo persoal tratámola doutra forma:

Coloreamos en grupos unha serie de esceas da nosa vida cotiá que despois tivemos que ordear cronolóxicamente e contarlle ao resto de compañeiros e compañeiras, a través dunha pequena historia, o que facían as persoaxes de cada escea...

tiñamos grupos mais tímidos que outros...

pero tódos o fixeron moi ben!

E despois... chegaron as chimbombas!! Chegaron a Sasle e chegaron tamén a Los Horcones:

Algunhas chimbombas viñan con sorpresa, así que BUM! Estoupamos todiñas todas

e descubrimos que dentro viñan moitas cousas: envases perigoso, llantas, plásticos, mondas de bananos, xoguetes rotos... e tivemos que separalos: uns para un lado e outros para outro...


Aprendimos así que os residuos podían ser orgánicos ou inorgánicos.

Ata os máis pequenos aprenderon a clasificar o lixo:

E o resultado final foi este:


En Los Horcones, ao remate do obradoiro, tomamos unha foto de despedida ao pé da nova escola, que vai ser inagurada o próximo 20 de Setembro...


En Sasle, como nos sobrou un pouquiño de tempo, a maestra Pastora rematou o obradoiro deleitándonos cunha ranchera:

E como ainda tiñamos un pouco máis de tempo, improvisamos algún xogo fóra da aula...



Cantamos, bailamos, ensuciámonos e despedímonos da escola cheíñas de lodo, pero pasámolo "tuani, tuani"!




14 jul 2010

Capacitacións de Xénero para FIDER e para as Comunidades

Non, non é o servizo militar nica, é a segunda parte do obradoiro de xénero para o persoal de FIDER no que, seguindo o ritmo do anterior, non faltaron dinámicas, debates e o bo humor.

Nesta segunda parte estivo enfocado na familia e nos roles de xénero que nela se desenvolven, así como nas relacións que se dan no traballo en grupo e no traballo en equipo e nas relacións humanas en xeral. Como valoración final destas dúas capacitacións de xénero ao persoal de FIDER, coincidimos en que foi moi positiva e un punto fundamental á hora de tentar incorporar o enfoque de xénero no seu quefacer diario, no ámbito laboral e no privado.

O xoves desa mesma semana, 7 de xullo, iniciábase en Los Horcones a primeira capacitación de xénero para as familias beneficiarias do proxecto.

Había un grande interese entre o persoal de FIDER e as capacitadoras externas, Carolina e Sandra, en que a asistencia fose ampla e sen recelos sobre a temática. Así que don Carlos e Roberto entregaron as invitacións casa por casa, animando ás parellas da nosa Microcunca.

Debido ás dificultades para poder viaxar ata a zona (non había motos para tantos "paquetes"), os PCRs fumos á capacitación do Comité da Microcunca de Sasle sobre a Lei Xeral de Medio Ambiente e Recursos Ambientais que impartiron don Silvio e don Reynaldo, e proveitamos así para coñecer ás persoas que forman dito Comité. De todas formas, tivemos algunhas dificultades durante a viaxe...

Non sabemos que lle pasou exactamente ao bus, pero afortunadamente logramos chegar a Sasle con tempo máis que suficiente, ata deu para unha sestiña pasada por auga...

O venres día 8, asistimos ao segundo obradoiro de sensibilización ás familias de Sasle e Los Horcones sobre a existencia da fenda de xénero e a necesidade da súa redución progresiva.

Sen deixar decaer o ambiente repasáronse as temáticas de : familia; autoestima; sexo, xénero e roles; e a comunicación. O debate comezou coa parábola "El Vuelo del Halcón":

As dinámicas de grupo leváronnos fóra da escola de Sasle por momentos:

A cousa animouse con algúns sociogramas, acendiuse coa descripción por xéneros e desmelenouse coa dinámica pictórica: as mulleres debuxarían un corpo masculino e viceversa:

A falta de dúas capacitacións de xénero, tamén en Sasle, levámonos un bo recordo destas 20 familias beneficiarias:

E todo baixo a atenta ollada dos técnicos de campo de FIDER: