A semana do 23 ao 30 de Xullo teremos a estancia na comunidade de Sasle con dúas das familias beneficiairas, Roberto coa de Doña Bersabé e Maruxa coa de Don Bernardo.
Ademáis de capacitacións, informes e cronogramas tamén tivemos tempo de bailar na disco máis sonada de Jinotega, xunto con Scarleth e Yesenia, ou cantar nun karaoke cancións que alá os nosos oídos nen serían capaces de soportar...
E como non todo é festa, tamén fixemos turismo
a fin de semana pasada subimos ao Cerro La Cruz con Don Carlos (escalada obrigada para todo PCR que pase por Jinotega)
E esta fin de semana viaxamos a León, "ciudad de Locos y Poetas"
onde case morremos asfixiados camiño ás praias de Poneloya e Las Peñitas (nunca saberás o que pode dar de si un bus nica...)
Por suposto, lembrámonos da xentiña de ESF!
