O pasado Domingo 9 de Novembro houbo eleccións municipais en Nicaragua, ás que se presentaron 4 forzas políticas das cales dúas eran as que se rifaban o poder, o FSLN, Frente Sandinista de Liberación Nacional, que ocupa o poder actualmente baixo o mandato de Daniel Ortega e o PLC, Partido Liberal Constitucionalista. As outras dúas son ALN e PRN. Había tamén outro partido chamado MRS (Movimento de Renovación Sandinista) ó cal non lle foi pemitido presentarse por razóns supostamente administrativas e que apoiaba nesta ocasión á candidatura do PLC.
Aquí en Jinotega puidemos ver o peche de campaña do PLC o pasado Sábado día 1 e o Luns 3, o do FSLN, que podedes ver nas fotos.
Aquí en Jinotega puidemos ver o peche de campaña do PLC o pasado Sábado día 1 e o Luns 3, o do FSLN, que podedes ver nas fotos.
O luns, debido a que era feriado, non houbo tódolos buses e tivemos que pasar a noite en Managua, o ambiente estaba caldeado había varias rúas pechadas e bastante presenza policial. Escoitamos na radio que se produciran varios enfrontamentos na cidade con algún morto, incluso unha nena de oito anos, isto último desmentirono despois na televisión, pero o caso é que as informacións que seguen chegando son bastante confusas. A xente que vimos de celebración era do FSLN. O PLC declara que houbo fraude electoral, cometéndose varias irregularidades e as cousas están tensas.
A anterior fin de semana pasamos unha pequena estancia no hospital de Jinotega e alí a cada persoa que cubría os papeis para que os atenderan en urxencias recordábanlle en que casilla tiñan que votar. Incluso no horóscopo do xornal facían mencións como: “usted es responsable y sabe por quién debe votar”. Tamén escoitamos dicir á xente que nos últimos dous anos os funcionarios vense obrigados a apoiar ó Frente (incluso nestes días de campaña, a saír á rúa en manifestación) dándose o caso de persoas que mudaron de traballo por non querer facelo. Tamén os estudantes becados na universidade son obrigados ao mesmo e fai aproximadamente 3 semanas por negarse a iso houbo unha carga e varios feridos.
Aquí no departamento de Jinotega gañou sobradamente o PLC, pero en Managua a día de hoxe seguen sen aclararse as cousas (parece que se van recontar os votos e que haberá que agardar ata principios de Decembro para saber en que queda todo).
Temos que resaltar que o que aquí comentamos xurde do que escoitamos na rúa, e, como xa comentamos, Jinotega é principalmente liberal. En xeral, tanto a xente como os medios de comunicación son bastante partidistas, polo que as versións poden ser totalmente opostas e incluso aspectos tan "claros" como podería parecer a morte dunha persoa son aquí moi dubidosos. O que sí podemos afirmar é que se percibe un ambiente realmente tenso.
Esperemos que vaia a mellor...
1 comentario:
Demasiada polaridade política. De tódalas maneiras é unha experiencia vivir unhas eleccións en Nicaragua.
Lóxicamente según vaian pasando os días a xente irá asumindo os resultados e as cousas iranse calmando, eso espero.
É comprensible que pasen esas cousas en Nicaragua. Non hai que esquecer que os funcionarios do Estado non son inamovibeis como aquí, é decir que si cambia o goberno é posible que vaian todos a rúa ou moitos. De esta maneira nunhas eleccións hai xente que se xoga o posto de traballo ou as condicións do seu posto o que na situación de Nicaragua é moi importante. No sentido contrario, o partido que está no goberno que sabe que ten liberdade para botar ou contratar lle parece que pode esixir aos "seus" traballadores que traballen polo partido (o sistema de concesión de becas non sei como funciona pero probablemente influa bastante que estés a ben co partido que manda).
¿sería a solución un sistema de funcionarios como o que hai aqui?. Supoño que axudaría a que houbera menos tensión.
De todas maneiras non hai que esquecer que feita a lei, feita a trampa... e aqui tamén ten tela a morea de asistencias técnicas que hai nas administracións e que tamén cambian maioritariamente según o partido que mande.
Publicar un comentario