Esta fin de semana pasámola en Cosigüina, península onde se atopa o volcán do mesmo nome. A viaxe foi toda unha odisea pois o tramo de estrada final está bastante mal e cheo de charcos, e como non, alí quedou o autobús, no medio dun charco, o que fixo que chegaramos a Potosí bastante tarde, xa de noite, con tormenta e por último sen electricidade, cousa que se arranxou cunha veliña. Dicir que aínda así, foi unha viaxe divertida porque a xente alí é realmente simpática e os vaciles foron constantes, moi “bo rollito”.
Estivemos en Potosí e dende alí subimos ao volcán Cosigüina, frente ao golfo de Fonseca formado por El Salvador, Honduras e Nicaragua, unhas vistas impresionantes. Este volcán tivo unha espectacular erupción no 1835, na actualidade é un volcán durmido e no seu cráter pode verse unha lagoa.
Aquí podedes ver que o camiño, aínda que longo, merece moito a pena, porque encontras lugares espectaculares coma este, cunha árbore chamada "chilamate"
Ese mesmo día pola tarde fomos á praia situada na comunidade de El Rosario, onde hai un criadero de tartarugas e tivemos a sorte de ver como soltaban varias delas que naceran unhas dez horas antes, podédelo ver no video!
Bicos para todos dende a "xeada" Jinotega,
Raquel e Sabela
3 comentarios:
qué guay! fuisteis con turismo comunitario? estaba aun por allí la Petrona?
http://esfnicaragua.blogspot.com/2007/05/cosigina-y-el-golfo-de-fonseca.html
Xa vexo que aproveitades o tempo...
tenéis ya una pila de gente siguiendo vuestras aventuras... graciñas por compartirlas!
Publicar un comentario