29 oct 2008

Potosí,sitio distinto

Esta fin de semana pasámola en Cosigüina, península onde se atopa o volcán do mesmo nome. A viaxe foi toda unha odisea pois o tramo de estrada final está bastante mal e cheo de charcos, e como non, alí quedou o autobús, no medio dun charco, o que fixo que chegaramos a Potosí bastante tarde, xa de noite, con tormenta e por último sen electricidade, cousa que se arranxou cunha veliña. Dicir que aínda así, foi unha viaxe divertida porque a xente alí é realmente simpática e os vaciles foron constantes, moi “bo rollito”.



Estivemos en Potosí e dende alí subimos ao volcán Cosigüina, frente ao golfo de Fonseca formado por El Salvador, Honduras e Nicaragua, unhas vistas impresionantes. Este volcán tivo unha espectacular erupción no 1835, na actualidade é un volcán durmido e no seu cráter pode verse unha lagoa.



Aquí podedes ver que o camiño, aínda que longo, merece moito a pena, porque encontras lugares espectaculares coma este, cunha árbore chamada "chilamate"



Ese mesmo día pola tarde fomos á praia situada na comunidade de El Rosario, onde hai un criadero de tartarugas e tivemos a sorte de ver como soltaban varias delas que naceran unhas dez horas antes, podédelo ver no video!

Á volta fixemos unha visita a Managua, onde vimos a vella Catedral (pechada ao público por risco de derrumbe debido ao terremoto do 72), o rehabilitado Palacio da Cultura, o Palacio Presidencial (na praza da Revolución, actualmente da República), o Teatro Nacional Rubén Darío, o Malecón... todo isto despois dunha boa comida na compaña de “Victoria” na Casa dos Mejía Godoy.


Bicos para todos dende a "xeada" Jinotega,

Raquel e Sabela


3 comentarios:

Sergio dijo...

qué guay! fuisteis con turismo comunitario? estaba aun por allí la Petrona?

http://esfnicaragua.blogspot.com/2007/05/cosigina-y-el-golfo-de-fonseca.html

Patricia Iglesias dijo...

Xa vexo que aproveitades o tempo...

Anónimo dijo...

tenéis ya una pila de gente siguiendo vuestras aventuras... graciñas por compartirlas!