A semana pasada asistimos á capacitación dos 20 beneficiarios que faltaban na parte de Sasle, 4 horas de charla con refrixerio incluido. A asistencia foi bastante boa, 19 de 20, e cun número importante de mulleres, moitas delas cos rapaces. Falouse da deforestación, dos viveiros,do manexo dos cultivos, do mantemento e conservación da conca do Apanás, onde está a microconca do Sasle...Aquí podedes ver o moito que traballamos!
O venres e sábado fíxose o reparto de árbores frutais e aramio para cercalas. Podedes pensar que é moito tempo para tan poucas prantas, pero é que aquí as cousas hai que facelas con calma, porque sempre hai algún que outro imprevisto: o camión contratado marchou para outro traballo e veu un máis pequeno, polo que tivemos que ir dous días en lugar de un; no medio do camiño “ponchó la moto" e sorte que estaba o camión para traernos de volta,
e o sábado houbo que facer uso dos bois para sacalo da lama!
Esta semana estamos a facer traballo na oficina, plans de manexo de fincas cos datos recollidos en campo e preparación do cartel. ¿Que qué é iso do cartel? Se chega a bo porto xa o veredes máis adiante. Vai depender do ben que no levemos co Photoshop.
E poderiamos contarvos tamén o ben que o pasamos nas festas jinoteganas, pero os virus e bacterias nicaragüenses están experimentndo con nós (bioloxica e tecnoloxicamente falando), así que, recurrindo á piratería, acabou sendo un fin de semana “de cine”.
Para a próxima semana máis, e esperamos que mellor e con máis autores!
Sabela e Raquel

1 comentario:
jo! o que debedes estar aprendendo, vivindo, experimentando!!! que envexa salvo polas bacterias jajaja
Publicar un comentario