31 oct 2008

Dende a cidade das brumas

Esta semana foi de traballo tranquilo. Toda ela na oficina excepto un día no meu caso (Sabela). O martes fun a Sasle con Silvio e con Reynaldo, a comezar o plan de manexo coa familia de Doña Marcia. Reynaldo é o coordinador e foi para supervisar e comprobar como se está procedendo. Esta familia ten instalada xa a súa cociña, coa cal están moi contentos (aquí vai o vídeo!).

"Como podeis ver el impacto en las cocinas mejoradas en la zona de influencia, es fantastico, porque los beneficiarios estan gozando ya del beneficio de lo que son buenas practicas, tanto en el consumo de leña, como en la reduccion de la contaminacion de sus hogares, a como podemos escuchar en la entrevista, ya existe entusiasmo por los beneficiarios que ya han recibido el rubro de cocinas, lo que nos alegra en gran manera, porque ya son varios los hogares que hoy piensan de manera diferente, y los logros son muchos como la reduccion en el consumo de leña, ya que segun datos suministrados por la beneficiaria esta manifiesta que hoy consume a menos un 50 % en el consumo actual, sin mencionar que estas pequeña familias tienen menos contaminacion de humo, la contaminacion en estos hogares se vuelve un problema de salud, sobre todo para los niños pequeños que son los mas perjudicados por las enfermedades respiratorias, en gran medida por la cercania de los hogares hacia los cuartos o dormitorios, por tanto, nos queda el reto como proyecto de construir las restantes, para que el impacto en zona del mismo se dimensione y podamos obtener mayores resultados en la micro cuenca"(Reynaldo)

Estivemos alí todo o día e foi moi interesante porque ademais de falar eles foron pasando por alí distintos veciños que tamén opinaban. A extensión é dunhas 5 mazás (1mazá é máis ou menos como 1 ha), así que xa teñen posibilidade de diversificar un pouco a súa producción. O que acontece é que utilizan bastantes productos químicos para o control de plagas e enfermidades e para fertilizar a terra, o cal lles ocasiona moitos gastos, sobre todo nos dous últimos anos que os prezos chegaron a multiplicarse por 5 coa subida do petróleo (que aquí, en Nicaragua, todavía non baixou).

Usando a "coba" (instrumento utilizado para a semente ao "espeque")


Chegamos de volta ás 6 da noite, con traballo aínda pendente. Silvio e Reynaldo volveron ó día seguinte, pero eu quedei para ir con Raquel a unha renión na Cuculmeca, organización na que se fixo outro proxecto e ó que agora queremos ir para facer unhas enquisas. Por fin conseguimos coincidir en espacio e tempo para descubrir as fantásticas instalacións da Cuculmeca e coordinarnos para ir á comunidades na próxima semana (esperamos que así sexa!!!). A reunión foi curta pero productiva, e “escapei” así da aventura de Silvio en Sasle, quen non conseguiu encender a moto e tivo que volver facendo “raid”, como din aquí (é dicir, facendo dedo).

Isto foi despois do xoves de "vertebración", no que fomos con xente de ISF-ApD e da "Cucul" ó Roca Rancho e ó Conceptos Bar, ambos con música en directo(podedes ver nas fotos que é a mellor forma de comezar todo:)).








Onte e hoxe a cousa estivo máis animada na oficina, xa que viñeron dous técnicos de Fider-Estelí para dar unha capacitación en GPS e Arcview, necesaria para a elaboración completa dos plans de manexo. Esperamos, con isto, avanzar algo máis nas próximas semanas.

Á noite pensabamos volver saír (o xoves é o día de festa en Jinotega, porque hai moita xente que vén de fóra a traballar e na fin de semana xa non están) pero Raquelilla púxose mala de novo, e eu decidín quedar co ela.

Así que, polo de pronto, o fin de semana avecínase gris, chuvioso e ventoso, protexidas do frío na casa, non tan diferente dun fin de semana de novembro en Compostela.

Dende a cidade das brumas,

Sabela

3 comentarios:

Sergio dijo...

qué gran canción la del vídeo: somos hijos del maíz.

...Es decir el macizo e irreversible alimento del pueblo...

PERRERREEEEEQUE!!! venme a nostalxia...

Anónimo dijo...

"O que acontece é que utilizan bastantes productos químicos para o control de plagas e enfermidades e para fertilizar a terra, o cal lles ocasiona moitos gastos, sobre todo nos dous últimos anos que os prezos chegaron a multiplicarse por 5 coa subida do petróleo (que aquí, en Nicaragua, todavía non baixou)."

Esto que comentas é un dos motivos polos que tamén son interesantes os biodixestores, se hai gando suficiente. Un dos productos que se obteñen é un bioabono de moi boa calidade.

http://esfnicaragua.blogspot.com/2008/09/buenas-prcticas-biodigestores-ii.html#links

Por certo, espero subir algunhas fotos e comentarios sobre a construción dos biodixestores do proxecto coa Cuculmeca estes días.

A seguir disfrutando da hospitalidade dos jinoteganos.

Un saúdo e millórate Raquel ¡

Agustín.

Patricia Iglesias dijo...

eih! Animo Raquel!!! se che sirve de consuelo os da tua antiga empresa siguen currando ata as mil e unha...