A
canavalia é unha polivalente pranta que controla as pragas e aporta nutrintes ao terreo onde se aplica. O seu froito pódese aproveitar para as seguintes sementeiras, ten saída no mercado, e resulta un excepcional aporte alimentario para os animais. Por se era pouco, os primeiros brotes son saborosos en sopa.
Pois ben, o martes procedimos a pesar 80 bolsas de case 10 libras de canavalia para cadansúa beneficiaria. Como nun principio as contas non casaban, toda a oficina de
Fíder rematou implicándose no monumental lío de encher, pesar, valeirar e volver pesar, ata que a balanza dixo basta... Mais o traballo quedou feito!
Ao día seguinte, os PCRs acompañamos os sacos de canavalia na parte traseira dun camión, ata o seu destino nas comunidades de
Sasle e
Los Horcones:
O camioneiro apalancounos en Sasle, onde atopamos o letreiro do Proxecto, que axudaron colocar os anteriores PCRs Cris e Anxo, glosado con fermosos debuxos dos 'chigüines' da volta:
Pouco despois, o técnico da co-parte don Silvio presentaríanos á participativa comunidade na escola local e procedería ao obradoiro de Capacitación en
Manejo y Uso Seguro de Agro-químicos ante 19 beneficiari@s, na que aprendemos moitísimo.
A capacitación incide en recorrer á fumigación con praguicidas ou herbicidas como última solución, e non primeira, como estaba sendo, debido á súa toxicidade para o productor e para o seu medio...
...e aportáronse solucións alternativas e importantes consellos sobre compra, transporte, aplicación, almacenamento, xestión de residuos, seguridade, saúde e hixiene. Tamén houbo un xantar de
fresco e
gallopinto, e entregáronse canavalia e
afiches.
A viaxe de regreso a Jinotega, nas motos de Silvio e Carlos, con Maruxa e Roberto de paquetes, case remata en acampada inesperada: a época de chuvias nicaragüense manifestouse e a Ponte de San Gabriel apareciu cuberta por unha riada infranqueable que finalmente foi remitindo:
O venres asistimos a outra capacitación esta vez co técnico da co-parte don Carlos, na casa da beneficiaria Erica, quen fora propietaria do famoso chancho gay.
Alí faláronnos moi ben da última PCR Lorena, que tiveron de hóspede unha semana, e enredamos co máis pequeno da familia:
O regreso a Jinotega foi, desta vez, menos accidentado.