- Priorización das seguintes actividades: Reunións con membros do comité da Micro-cunca; e Capacitacións en elaboración de abonos orgánicos, seguemento aos viveiros de café, cociñas melloradas, prantas forestais, prantas frutais (cítricos), vetiver, estado físico das chanchas, supervisión da construción de galeras para chanchas.
- Informe de actividades e tarefas executadas en marzo de 2010.
- Cuña radial sobre fortalecemento das capacidades, concienciación ambiental e diminución da extracción de leña.
- Entrega de afiche a 20 beneficiarios da Comunidade de Los Horcones e 15 da de Sasle.
- Capacitación en elaboración de abono orgánico a 35 beneficiarios da comunidade de Sasle; e obradoiro práctico a 11 beneficiarios do proxecto:
- Asemblea comunitaria na comunidade de Los Horcones, coa seguinte reestruturación de membros do comité: Marta Pérez (Presidenta), Jorge Luís Herrera Cruz (Vicepresidente), Lucia Karina Centeno Pérez (Secretaria), Maria Delfina Centeno Hernández (Tesorera), Santos Rafael López Espinosa (Primer vocal), Concepción Hernández Montoya (segundo vocal), Leonel Andrés Cruz (Fiscal):
- Seguemento a cociñas melloradas, árbores frutais, forestais e vetiver en desenvolvemento, en 58 fincas de produtores beneficiarios de ambas comunidades. No caso dos viveiros de café existe actualmente unha xerminación do 93%:
- Seguemento do gando porcino (dun total de 41 chanchas e 4 chanchos): construción de 2 galeras, 6 porcas con 1 mes de xestación na comunidade de Sasle, primeiros ingresos da propietaria Azucena Navarro (3.000 córdobas por 6 porquiños), solución a diversos problemas de saúde e conducta dos animais.
2. Tarefas non planificadas, pero executadas
- Capacitación dirixida aos membros do comité sobre: Ley de Delitos Ambientales, Como presentar unha denuncia ante as autoridades competentes por danos ao Medio Ambiente e os Recursos Naturais; Como elaborar actas no Libro de Actas:
3. Problemas e Limitacións
- Nos viveiros de café: reorientados dous casos de escasa xerminación por falta de rego, aconsellado botar máis semente a custo propio noutro caso de escasa xerminación e aconsellada sembra urxente no caso dunha beneficiaria que aínda non sementara.
- En canto ao vetiver: reorientación aos produtores con problemas para sementar novamente.
- No referente ao estado físico de chanch@s: o porco semental entregado polo proxecto á beneficiaria Erica, aínda non reaccionou ao tratamento de hormonas.
- Prantas frutais: 5 produtores sufriron danos por zompopos de ata un 50% nas súas laranxas. Reorientación: deterxente diluido nas zompoperas cada tres días, insecticida ás prantas, burato no medio da zompopera de un metro por un metro, e metro e medio de fondo para aniquilar estes insectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario