1. Avances e logros obtidos:
- Realizáronse catro reunións de coodinación de actividades onde se priorizaron actividades como: Reunións con membros do comité da Microcunca nas comunidades de Sasle, entrega de esqueixes de malanga, capacitación a beneficiari@s do proxecto no tema de Manexo Integrado de Plagas, seguimentos dos viveiros de café, das cociñas melloradas, prantas florestais e frutais, vetiver, estado físico das porcas e porcos, supervisión da construcción de galeras para estes e elaboración do informa do mes de Abril.
- Executouse unha cuña radial aludindo ao fortalecimento das capacidades dos comités de desenvolvemento comunal de Sasle e Los Horcones, á reducción da sobre-explotación do chan, disminuición da extracción de leña e concienciación do uso sostible dos recursos naturais.
- Entregouse un afiche a vinte persoas beneficiarias da comunidade de Sasle.
- Deuse seguimento nas cociñas melloradas, árbores frutais, forestais, vetiver en desenvolvemento en 50 fincas de beneficiarias/os do proxecto nas comunidades de Sasle e Los Horcones, así como a un total de 30 porcas e 4 porcos. En Sasle atópanse seis porcas de apoximadamente un mes de xestación que pertencen á productora Erica de los Ángeles García Navarrlo.
- No caso dos viveiros de café existe actualmente unha xerminación do 95%
- Capacitáronse a un total de 46 beneficiarias/os nos temas de Manexo Integrado de Plagas, Lei de Delitos Ambientais, Como presentar unha denuncia ante as autoridades competentes por danos ao medio ambiente e aos Recursos Naturais e Como elaborar Actas no libro de actas.
- No momento da elaboración do informe, a porcentaxe de xerminación da malanga é moi alto (un 95%), o que indica que para o próximo ano os pequenos productores e productoras van dispor de bastante alimentación tanto para as familias como para as necesidades da finca.
- Participación no Foro de Plans de Manexo de Finca celebrado o 13 de Maio de 2010.
2. Tarefas non planificadas pero executadas:
- Percorrido polas comunidades de Sasle e Los Horcones co representate da Xunta de Galicia Xavier Otero, no cal se comprobou o avance do proxecto a través de visitas a diferentes persoas beneficiarias e conversas coas mesmas, considerando a visita do representante un éxito.
- Supervisión da sembra de malanga a 12 persoas beneficiarias na comunidade de Sasle.
- O viveiro de café do beneficiario Basilio Eliseo Méndez logrou unha xerminación do 100% e logrou reponer ao seu propio custe as sementes que non xerminaran. A beneficiaria María Mercedes González tamén logrou unha xerminación do 100%, destacando unha mellora moi positiva da actitude da beneficiaria en relación ao proxecto (o cal motiva moito bastante ao persoal técnico de FIDER).
3. Problemas e/ou limitacións atopadas.
- Tívose que castrar ao chancho semental asignado á beneficiaria Erica de los Ángeles García Navarro ao non responder aos tratamentos de hormonas suministrados, pero este manifestou problemas para a súa recuperación. Suminístraselle un novo semental á beneficiaria.
- En relación ás prantas frutais, o beneficiario Lorenzo Pineda non controlou a afectación por insectos o cal afectou a un total de 40 laranxeiros que están a punto de perderse a pesar das orientacións feitas polo técnico de campo. O mesmo productor tampouo realizou a sembra de valeriana nen sembrou o frijol canavalia.
- A dúas beneficiarias e un beneficiario máis se lles orientou resembrar o vetiver e non o cumpriron ata a data da elaboración do informe.
- A beneficiaria Azucena del Carmen Navarro non aceptou a última hora a malanga xustificando que ten problemas de roubo e afectación dos seus cultivos polos demás veciños. Repártese este material vexetativo entre sete beneficarios/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario