E digo eu, por que non investir un pouquiño deses cartos que nos deron para a Fase III nunha webcam para os de Agro? que acá os de FIDER queren ver as vosas caras bonitas :)
Continuando, alá fomos á Granada Colonial, que ademais estaba festexando as súas grandes festas. A primeira noite, non sabemos se pola calor, polos bichiños que xa están acomodados no noso organismo ou por algún outro motivo (alguén dicía "eso es dengue!") perdímonos o Carnaval, que se celebra a noite do 14. Pero o 15 puidemos ver como se paseaban diante de nós uns 800 cabalos coa jet-set de Nicaragua lucindo as súas mellores galas. Sen ánimo de ofender a ninguén, a min o de ver ao pobo alá abaixo e ao grandes caciques nicas alá arriba non me fixo nin pizquiña de gracia...
A nosa gran festa ía vir uns días máis tarde, pero iso ven despois...
Fai catro anos, a que escribe pisou por primeira vez Nicaragua e estivo un mes convivindo no barrio de San Alejandro nun proxecto que iniciou, tras moitos anos no país e xunto con varias mulleres granadinas, a lucense Ana María Vila. No 2003, elas, baixo o nome de Calli Tanday (Casa de Unión en misquito), inaguraban a Casa Comunal e de Acollida Rural, financiado pola AECID, por Axunica e por un grupo de rapaces e rapazas de Madrid afíns a Axunica que máis tarde formarían a ONG Kasak (Xustiza en misquito).
A Casa Comunal Calli Tanday foi concibida como un espazo aberto ás persoas que viven nos barrios marxinais da periferia de Granada, e ás poboacións rurais de Malacatoya, Tepalón e Aguas Agrias. Entre as iniciativas que se levan a cabo dende a casa está a oferta social e cultural dos obradoiros de computación, guitarra, artes plásticas ou danza. A Residencia de Estudantes da casa dá aloxamento a mozos e mozas das zonas rurais dándolles a posibilidade de completar os seus estudos nun sistema educativo do cal carecen no seu lugar de orixe. Na casa tamén existe un comedor infantil, clases de preescolar e un grupo de mulleres organizadas que se reúnen un día á semana para falar sobre temas do seu interese: a situación política do país, sexualidade, dereitos da muller, etc. Existe unha biblioteca e tamén unha venta social de medicamentos.
Coas comunidades rurais antes mencionadas faise un traballo de fortalecemento das súas capacidades especialmente a nivel organizativo. Tivemos a oportunidade de viaxar a unha delas, Aguas Agrias, e de coñecer a emocionante historia da súa xente...
Tras ser desterradas estas familias, sufriron viaxando de aquí para alá, dun lado para outro, ata acabar en Granada, onde toparon con Ana e toparon tamén con Chepe Ampudia, que se uniu a esta loita adicando toda a súa vida a ela. Tanto deu Chepe loitando polos dereitos deste pobo que rematou preso en varias ocasións na illa Zapatera. Basta dicir o seu nome para que os ollos da xente de Aguas Agrias expresen todo o cariño e amor que senten por Chepe, quen finalmente logrou que tiveran un lugar onde vivir, este que nós fomos visitar e que ten ese nome porque as augas do seu río...
... están agrias!E tras emocionarnos con Aguas Agrias, o luns viaxamos a Masaya xunto con máis voluntarios de Galicia que colaboran na Casa Comunal e perdémonos entre o colorido do seu mercado...
"Eran los tiempos en que México y Centroamérica no tenían fronteras: éramos una sóla nación llena de pueblos y todos los pueblos resultábamos primos o parientes. Fue en aquellos tiempos que un gential de gente hizo viaje a Nicaragua desde el Xoconusco en México. Los insolentes venían diciendo:
- Más vale llegar a tiempo que ser convidados.
Los nicaraos y los chorotegas se pusieron en camino desde México a Nicaragua después de escuchar una promesa de boca de sus sabios güegües.
A los chorotegas les dijeron:
- Ustedes llegarán hasta el mar salado.
Y a los nicaraos:
- Ustedes llegarán hasta el mar dulce, donde hay una isla que tiene dos altas montañas redondas.
Y empezó la caminadera, que fueron otros cien pesos. Unos se fueron quedando por Guatemala, por el Salvador, por Honduras también.
Donde miraban bonito, allí se instalaban.
Un poco de chorotegas llegaron hasta el mar de Nicoya, en lo que hoy es el Guanacaste, ya en Costa Rica.
Y un poco de nicaraos buscaban por el lado de Rivas la montaña de las dos chichas
pero no la hayaban.
Por eso algunos se rajaron:
- Me late que andamos perdidos por la mierda grande.
Y no les faltaba razón, porque andaban perdidos por allí mismo. Por fin, después de un trabajal tremendo, los más arrechos encontraron el mar dulce del Cocibolca y allí dentro, como una lanchita, miraron la linda isla de Ometepe, la que tiene las dos chichas, la que les habían anunciado que sería su casa.
Y allí se quedaron, pues."
Nós non quedamos máis que dous días na illa máis grande do mundo nunha lagoa de auga doce, esa das dúas chichas, como di a escritora nica María López Vigil, que en realidade son os volcáns Maderas e Concepción. Nada máis desembarcar en Ometepe, démonos de conta que en tan pouco tempo, nada iamos poder ver... (e comprobamos que tampouco se pode ver sen un bo puñal de reales...), pero polo menos relaxámonos ao son das ondas do Cocibolca, lonxe dos ruídos da civilización...
Pasamos a noite nas hamacas dunha linda finca ecolóxica na que se practica a permacultura, desfrutamos da posta de sol, Roberto pegou o madrugón para ver algún petroglifo pasado por auga, coñecemos algún guiri perdido por Centroamérica, practicamos o noso spanglish (ou galenglish, non sei...)
O xoves aproveitamos para preparar unha cea de galegos...
e despedirnos da cidade cun paseo polo malecón á beira do Cocibolca:
Din que, cando cae o sol, o ceo de Granada é un dos máis belos deste país. Eu, ilusa de min, non son capaz de imaxinarme outro mellor...
1 comentario:
oh, qué bonito, cuántas fotos, cuántas historias!!
Publicar un comentario