31 ago 2010

Pequena homenaxe a Concepción

Unha das cousas máis importantes dun proxecto é que está feito por, con e para persoas. É ás veces acontecen cousas tan inesperadas (pero desgraciadamente normais) como que un dos mellores beneficiarios do proxecto morra accidentalmente. Hoxe, esta pequena entrada é unha homenaxe a Concepción Hernández Montoya (xenro do beneficiario titular Concepción Hernández Siles), que o 12 de agosto faleceu ao ser golpeado pola caída dunha árbore na súa finca de Los Horcones. Dende FIDER e ESF-Galicia o único que puidemos facer foi xuntar uns cartiños e mercar azucre, café e pan para a vela, celebrada o día seguinte.
Concepción era un dos membros máis activos do Comité de Microcunca de Los Horcones e, como xa dixemos, un dos que máis colaboraron co Proxecto de Fortalecemento das Capacidades das Comunidades da Microcunca do Río Sasle, así que con estas letriñas deixamos constancia diso.
Concepción, terceiro pola dereita, co Comité da Microcunca de Los Horcones.

3 comentarios:

Sergio dijo...

Un fuerte abrazo desde aquí también para su familia. Espero que su ejemplo haya servido para vivir mejor a muchos otros, que es la manera en que la vida tiene sentido.

Anxo dijo...

Un abrazo para tod@s

Xavi dijo...

Propoño ensalzar a figura e realizar unha homenaxe póstuma a Don Concho, unha boa persoa que fixo labores de voluntariado na súa comunidade como promotor do MAGFOR como perito xudicial e como membro do Comité, na próxima reunión do Comité de Microcunca de Los Horcones entregándolle unha plaquiña e unha pequena ofrenda do proxecto de FIDER/ESF-Galicia á súa esposa