10 oct 2008

Dende Nicaragua

Ola a todos!
Pois por fin, aquí estamos, despois dalgunhas idas e voltas de correos conseguimos escribir...Somos Raquel e Sabela, as PCRs en Nicaragua, co proxecto "Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais" (San Rafael e Jinotega).
E,¿por onde empezar? Levamos aquí só 5 días e xa temos tantas cousas que contar...
Polo de pronto dicir que a xente de Fider (a contraparte) nos recibiu moi ben e xa estamos completamente instaladas na súa oficina.
Hoxe foi a terceira visita ás comunidades. Raquel está indo con Carlos, un dos técnicos de Fider, ás da parte alta da cunca (Los Horcones), onde o proxecto se encontra nunha fase máis inicial, e Sabela con Silvio ás da parte baixa (Sasle), onde xa se construíron 40 cociñas melloradas e se repartiron frutais a 40 beneficiarios.
Para desplazarnos ata alí facémolo de "paquetes" nas motos, o que non deixa de ser unha aventura cada día, ben sexa polas chuvias torrenciais, ben porque a moto non acaba de arrancar, ben porque o camiño é tortuoso e está cheo de pedras.O luns xa estaremos completamente equipadas cos nosos "capotes" e botas de goma.
A xente que visitamos é moi hospitalaria, e é posible que máis adiante quedemos nas súas casas uns días.
Como temos problemas para descargar as fotos teredes que esperar ata o luns ou martes para que volos presentemos.
Por hoxe xa nos despedimos, porque temos que madrugar para facer unha longa viaxe ata León, onde nos veremos con Xavi (PCR Honduras) e Mireia.
Para a semana teredes máis novas, detalles e fotos!!!
Raquel e Sabela

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ey!!! Esperamos ansiosos que a través de esta ventana nos deis a conocer la realidad que estaís viviendo y nos acerqueis un poco a Nica!!
Carmen

Sergio dijo...

Contadnos, contadnos!! Qué envidia! Muchos saludos a toda la gente de FIDER, y mucho ánimo! y también a los amigos de la Cuculmeca, echo de menos aquello...

Anónimo dijo...

Benvidas al mundo de los esfblog!!
En Galicia esperamos las fotos... para vivir un poco a través de vosotras.
Acacia

Patricia Iglesias dijo...

Aihs! todo un hito, dúas PCR's en Nica ó mesmiño tempo...

Enhoraboa pola vosa primeira entrada!! espero que sexan habituais e se convirta nunha costume.. podería ser un bonito diario da vosa estancia (mirándoo tamén polo lado persoal)

bicossssss

Patricia Iglesias dijo...

Ola de novo,
é que é luns, despois da cósmica (fin de semana federal en Madrid) e estou algo espesa..

Por qué nos vos presentades?decides quén sodes, a que vos dedicades, por qué quixestes ir de PCR?
xa por cortesía,non? e cotillear jajaja

bicos!!

Anónimo dijo...

Benchegadas ¡
Qué tal por León?
Fostes ata a praia?.

Cristina dijo...

Ayyyyyy!!!!

Sisisi seguide contando cousiñas

biquiños
cris