15 oct 2008

Crónicas dende Jinotega 1

Nicaragua é incriblemente linda. Tanto as súas paisaxes como as súas xentes.
A semana pasada acompañei a Silvio en dúas ocasións, visitando distintas casas de Sasle, onde teñen xa instaladas as cociñas melloradas. Todos eles comentaban estar contentos con elas porque apuran máis o lume e gastan menos leña, e ademais a casa non se enche de fume como antes. Nesta foto podedes ver a Doña Juana utilizando a súa.


A maioría das casas están feitas con táboas de madeira, unhas en mellor calidade que outras, ás veces con trozos de plástico para tapar os ocos. Na casa de Doña Juana teñen auga potable que lles chegou a través doutro proxecto. Pero esta auga non corre todo o día e teñen que recollela pola noite nun bidón para poder usala. Na outra casa que visitamos, que está a 50 metros desta, nin sequera chega. Con eles estivemos facendo o plan de manexo das fincas. A través da análise que se fai eles mesmos van tomado conciencia dos custos que teñen na súa producción, que é basicamente de subsistencia, encontrando casos nos que incluso teñen pérdidas. Do que se trata é de que identifiquen os problemas que teñen e propoñan posibles solucións (axudados polos técnicos) que lles sirvan para mellorar a súa situación. Con estas análises e propostas eláborase o plan de manexo, individualizado para cada familia.
Aí van algunhas fotos máis das nosas visitas! Vede como de lindo é o lugar e as súas xentes!





No hay comentarios: