15 oct 2008

Crónicas dende Jinotega II

Despois dunha gran fin de semana voltamos ao traballo. Esta semana é de momento traballo de oficina, para poñernos ao día coa elaboración dos plans de manexo de fincas, que a próxima semana xa faremos soas.
Mañá hai unha capacitación en Sasle e o venres repartiranse as árbores frutais aos 20 beneficiarios que restan.
A fin de semana en León, con gran tormenta incluída, foi moi intensa, subida Cerro Negro, reunión PCRs, Flor de Caña e Las Peñitas, praia e...bueno fallou o sol... non se pode ter todo! Ademais coñecemos a un rapaz vasco, Íñigo, que se converteu no noso compañeiro de viaxe.
Aí vai un video do “descenso” do Cerrro Negro no que Mireia e Sabela... míradeo!



Esta semana é festa en Jinotega, XVII Aniversario da Creación da capital da produción, e como hoxe, en teoría, non se traballaba onte fomos de "vertebración", con regalo incluído e acabamos, como non, arranxando o mundo.















Actividade que repetiremos este venres nun concerto que haberá na cidade e xa vos contaremos algún cotilleo, (eh! Bicos de cores?)

Aquí tedes o “Adiós ríos, adiós fontes” de Jinotega!


JINOTEGA, REGIÓN SOÑADORA
BLANCA ROSA DE UN PRECIOSO VERGEL
SUAVE NIDO DE AMOR Y TERNURA
BELLA TIERRA DEL CAFÉ

DULCE HOGAR CUYO TECHO APRENDIMOS
A QUERER COMO NIDO DE AMOR
PERLAS BLANCAS ENTRE MONTES CAIDAS
MÁS HERMOSA, MÁS QUE EL SOL

JINOTEGA, JINOTEGA REGIÓN DULCE
DE LA PAZ, DE LOS PINOS
LA NIEBLA... BELLA TIERRA SIN IGUAL

YO TE CANTO COMO EL AVE
Y EN TU DÍA MÁS FELIZ
JINOTEGA, JINOTEGA
TIERRA DONDE NACÍ

Poeta Alfredo Alegría

P.D: Ese blog honduras, que non nos manteñen informados. Xavi revisa compromiso PCR!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

ui! non sei moi ben como furrulan estas cousas... xa vexo que estades moi contentas!

un bico grande dende o Perú, en especial para a "achoucheriña"

Raqueliña

Patricia Iglesias dijo...

qué fuerte!! ata os PCR's se meten caña para que escriban no blogg!!! estádelo bordando!! que guapa a poesía!!!

ánimo nenas!!

Patricia Iglesias dijo...

por certo, vou ter que pedir en serio un copy left para os meus bicos de cores!!!! citade a fonte polo menos!! jajaja

sabedes hoxe soñei con vos... ou era un pesadelo???? jajaja

bicos

xas dijo...

queridas "compañeiras" (por dicir algo, visto o visto),jajajajaja comencei co cumplimento do meu contrato, gracias pola vosa atenta preocupación pola miña vida acó, espero que o escrito nn vos decepcione.jajajaj un bico desde a "terra dos allos"

Anónimo dijo...

eyyyyyyy eres tú el PCR hondureño? Nos tienes ansiosos esperando noticias de Hoduras...