El chelito Roberto y la chelita Maruxa ya están en Jinotega, pues!
Os novos PCRs chegamos sanos e salvos e xa pasamos a nosa primeira noite na cidade das brumas.
Ainda nos custa un pouquiño asumir que estamos ao outro lado do charco, en Nicaragua, concretamente aquí...A viaxe foi marabi... non! non todo é marabilloso, a viaxe foi unha paliza de vinte horas entre avións e controis de seguridade, pero tamén tivo as súas cousiñas divertidas, como chegar a Miami e atoparnos con esto...
Si, é xente mirando unha pantalla... partido de España e Chile, a xente berraba, aplaudía emocionábase e o chelito e achelita pensaban: "non nos imos librar do mundial nin de coña..."Os novos PCRs chegamos sanos e salvos e xa pasamos a nosa primeira noite na cidade das brumas.
Ainda nos custa un pouquiño asumir que estamos ao outro lado do charco, en Nicaragua, concretamente aquí...A viaxe foi marabi... non! non todo é marabilloso, a viaxe foi unha paliza de vinte horas entre avións e controis de seguridade, pero tamén tivo as súas cousiñas divertidas, como chegar a Miami e atoparnos con esto...
E a iso das oito, hora local, pisamos chan Nica onde xa nos estaba agardando Ismael. En Managua chovía, non saberíamos decir o número de grados que había nese momento, pegábasenos a humidade a pele, cheiraba a Nicaragua!
Ismael compañounos en taxi ata o Hostal Agroturismo, onde pasamos a primeira noite antes de partir a Jinotega e onde se nos deixou ben claro que...
E en Managua amanecimos así:
cun almorzo multifrutas para marchar coas pilas cargadas ao noso destino!
"Expreso" a Jinotega
O chele Roberto aproveitou a espera para poñerse ao día coas novas do país.
E... chegamos! Xavi mais Fran viñeron a recollernos á estación e dende o sábado xa estamos asentados no local.
Mañá, luns, coñeceremos ao resto do equipo de Fider. Mentras, estamos coñecendo Jinotega, platicando moito con Fran, facendo rutas gastronómicas polas diferentes casas de comida, pelexándonos cos mosquitos e vendo os partidos do mundial na "pulpería" de Juansito... definitivamente, non nos libramos do mundial!
Pero o máis importante é que logramos superar a nosa primeira tarefa encomendada: entregarlle a Xavi os "kits de beleza e charcutería" -con queixo de tetilla incluído- que a súa nai preparoulle con cariño e amor. Querida nai de Xavi: os kits xa están en Jinotega! (e nós tamén!)